Concello de Teo


Convocatorias

Remata o proceso selectivo para a contratación dun profesor/a de adultos

En resolución A comisión de valoración do proceso selectivo para a contratación dun profesor de adultos valorou os proxectos educativos, así como a súa lectura e exposición por parte dos aspirantes. En virtude dos resultados obtidos en todo o proceso e dacordo coas bases que rexen a convocatoria, a comisión de valoración propón a contratación de dona Vanessa Fernández Pampín.

Consulta aquí a listaxe definitiva »

Galerías

Novas

A comisión de baremación das escolas infantís reunirase a semana próxima e publicará a listaxe de agarda actualizada o xoves 2 de febreiro

27/01/2012
A Comisión de baremación das escolas infantís municipais do Concello de Teo cancelou a reunión prevista para este venres 27 de xaneiro e trasladou a xuntanza para o próximo mércores 1 de febreiro ás 16:30 horas. Polo tanto as listaxes de agarda actualizadas publicaranse o xoves 2 de febreiro. »

A parroquia de Rarís abre o entroido na comarca da Ulla este domingo

28/01/2012

Este domingo comeza o tradicional entroido da comarca da Ulla, que se caracteriza pola presenza dos xenerais e correos a cabalo. Precisamente este ano a parroquia de Rarís será a que abra a celebración do entroido na zona coa súa celebración o domingo 29.

»

Preescolar na casa volverá a desenvolver o seu programa de formación en Teo a partir do mes de febreiro

Benestar organiza a primeira excursión do ano para maiores ás termas de Outariz, na cidade de Ourense

O grupo de goberno leva a pleno uns orzamentos "realistas nos que se garanten o mantemento dos servizos"

Axenda

Entroido en Rarís

29 de xaneiro de 2012
A parroquia de Rarís abre este ano a tempada dos entroidos coa celebración o día 29 de xaneiro durante toda a xornada. O tradicional atranque está previsto para as 20:00 horas no campo da festa. As coordenadas do campo da festa para o GPS son: 42º 46´ 50.8"/ 8º 33´ 48.1" »

Enquisa

Coñeces o pazo de Noceda?



Perfil de Contratante
Subscríbete ás novidades do Concello de Teo
Centro de Información á Muller (CIM)
EDUCATEO I - Feira do San Martiño