Acordar

Solucións globais. A que nos dedicamos
Só un equipo composto por programadores informáticos, deseñadores e xornalistas pode ofrecer unha solución global en comunicación web. Esa é a nosa fórmula.


O equipo de traballo de Acordar estivo composto, dende o comezo en 1995, por programadores, deseñadores e xornalistas. Temos claro que unha aposta en comunicación só pode solucionarse en conxunto con rigor, calidade gráfica e contidos axeitados.

Debido a ese distinto perfil dos integrantes do equipo de Acordar, temos capacidade para ofertar unha solución global ás necesidades dos nosos clientes. Pero tamén, e así o temos demostrado, podemos integrarnos e traballar conxuntamente con equipos xa formados de programadores, deseñadores ou con mesas de redacción.

Nesa perspectiva de ofrecer solucións globais, as nosas principais liñas de traballo son a creación, desenvolvemento e mantemento de sitios web, e a asesoría en comunicación en internet.

creación e desenvolvemento de sitios web. As distintas necesidades dos nosos clientes requiren tamén solucións diversas. A análise de cal é a mellor solución para un cliente faise con base na nosa grande experiencia no sector: webs que xestionan amplos volumes informativos, espacios eminentemente promocionais, aplicacións comerciais ou de administración electrónica obrigan a diferentes estratexias. A creación e desenvolvemento da solución baséase en tres criterios elementais: eficiencia comunicativa, navegabilidade e rigor na programación.

mantemento de sitios web. A Rede é en moitos casos o principal vehículo de promoción e de difusión de contidos dunha empresa ou dunha institución. Por iso é tan importante que a información se presente actualizada na web. Con ese fin, o noso equipo de xornalistas ocúpase da producción de contidos de xeito estable e periódico. Xornais dixitais para institucións ou servicios de prensa para empresas e eventos son as nosas principais liñas de traballo. Ademais, é vontade nosa que toda a comunicación dos nosos clientes funcione correctamente, e por iso dispomos para eles servicios de mantemento informático e de aparencia gráfica (hospedaxe, correo, actualizacións...).

asesoría en comunicación en internet. A nosa experiencia, traballando en internet dende 1995, é decisiva. Participamos na fundación do capítulo galego da Internet Society, e temos integrado diversos equipos independentes de estudio global sobre a sociedade da información, coma o Galicia 2010. Ese coñecemento que fomos gardando e ordenando ao longo destes anos conforma un dos nosos principais valores. Coñecemento que empregamos en asesorías sobre sobre estratexias de comunicación e venda a través de internet, e sobre plans de implantación da sociedade da información para institucións e grandes empresas.

  © Acordar